Máis de 165.000 expositores chegan ás rúas de todo o mundo
As testemuñas de Xehová somos coñecidas por predicar polas portas. Agora tamén nos atoparás nas rúas e noutros lugares públicos cabo de expositores de publicacións.
Dende hai pouco, este novo formato está adquirindo certa importancia. En novembro de 2011, un grupo de testemuñas de Xehová de Nova York comezaron a dar a coñecer a mensaxe da Biblia ás persoas mediante este tipo de expositores. Esta novedosa iniciativa deu tan bo resultado que pronto se puxo en marcha noutras cidades.
Para marzo de 2015, xa se adquiriran 165.390 expositores portátiles para a súa distribución a congregacións das testemuñas de Xehová por todo o mundo. Ademais, tamén se compraron miles de expositores noutros formatos.
Se ben a predicación polas portas segue a ser o noso método principal para espallar a mensaxe da Biblia, os expositores portátiles son moi efectivos para conseguir este obxectivo. Vexamos algúns exemplos.
En Perú, un home chamado Raúl ó ver un destes expositores achegouse ás testemuñas de Xehová é díxolles: “E logo onde vos metestes? Levo tres anos buscando as testemuñas de Xehová! Cando vos vin co expositor, deille grazas a Deus”.
Aínda que a zona onde vivía era visitada a miúdo polas testemuñas de Xehová locais, Raúl nunca estaba na casa durante o día nin as fins de semana. Explicoulles que estivera aprendendo da Biblia coas testemuñas de Xehová e que quería continuar. Así que quedaron con el para seguir estudando a Biblia.
En Bulgaria, unha parella nova colleu un exemplar do libro El secreto de la felicidad familiar. Á semana seguinte, volveron e colleron dous libros máis: Mi libro de historias bíblicas e Aprendamos del Gran Maestro. A testemuña de Xehová que estaba atendendo o expositor preguntoulles cantos fillos tiñan e eles contestaron: “De momento, ningún; pero cando os teñamos queremos ensinarlle acerca de Deus. Estes libros son exactamente o que precisamos”.
En Ucraína, un home vestido con roupa militar achegouse a un expositor e díxolles ás testemuñas de Xehová que o atendían: “Rapazas, dicídeme cando vai vir o Harmaguedón”. O home participara no recente conflito de Ucraína. Os distintos acontecementos que estaban tendo lugar no mundo convencérano de que o Harmaguedón estaba a piques de chegar, e preguntábase por que Deus non intervira xa. As predicadoras explicáronlle coa Biblia que Deus ten boas razóns para non intervir de momento, e que pronto destruirá os malvados. O home levou as revistas La Atalaya e ¡Despertad! mailo libro Existe un Creador que se interese por nosotros?.
En Macedonia, un home novo comentoulles ás testemuñas de Xehová que estaban onda o expositor que coñecía as nosas revistas, pero que tamén lle gustaría ter o libro Que ensina realmente a Biblia?, e díxolles que iría dereitiño a unha biblioteca pública para comezar a lelo.
Unhas dúas horas máis tarde, volveu despois de ter lido as primeiras 79 páxinas desta publicación. “Este libro cambia a vida da xente!”, dixo. “Decátome de que moitas das miñas crenzas estaban equivocadas. Todo o que este libro explica paréceme moi lóxico. Cambiou a miña forma de entender a vida!”.