Que levou ás testemuñas de Xehová a cambiar algunhas das súas crenzas?
Para nós, a Biblia é a autoridade que establece as nosas crenzas; así que a medida que a imos entendendo mellor, imos axustándoas. a
O que di a Biblia en Proverbios 4:18 axúdanos a entender por que debemos realizar estes axustes: “O vieiro dos xustos é coma a luz do abrente e vai medrando ata o pleno día”. Así coma a luz do sol permítenos ver cada vez máis detalles dunha paisaxe, Deus vai revelando a súa verdade cando chega o seu tempo debido (1 Pedro 1:10-12). A propia Biblia afirma que Deus aceleraría este proceso nun tempo chamado “momento final” (Daniel 12:4).
Estes axustes non deberían nin sorprendernos nin preocuparnos. Algúns servos de Deus de tempos pasados tamén tiveron ideas e expectativas erróneas, e viron necesario cambiar os seus puntos de vista.
Moisés quixo liberar os israelitas corenta anos antes do que Deus tiña pensado (Feitos 7:23-25, 30, 35).
Os apóstolos non comprenderon as profecías que falaban da morte e a resurrección do Mesías (Isaías 53:8-12; Mateo 16:21-23).
Algúns cristiáns do primeiro século tiñan ideas equivocadas sobre cando chegaría o “Día do Señor” (2 Tesalonicenses 2:1, 2).
Co tempo, Deus corrixiu as súas ideas equivocadas, e pedímoslle que faga o mesmo por nós (Santiago 1:5).
a As testemuñas de Xehová nunca intentamos ocultar estes axustes. De feito, levamos un rexistro que está dispoñible para o público. Podes velo ti mesmo en “Aclaración de creencias”.