PREGUNTAS DA XUVENTUDE
Por que debería ir ás reunións no Salón do Reino?
Dúas veces por semana, as testemuñas de Xehová reúnense nos seus lugares de adoración chamados Salóns do Reino. Que pasa alí? E, por que pode ser bo para ti asistir a esas reunións?
Que se fai nos Salóns do Reino?
O Salón do Reino é un lugar de aprendizaxe onde se ensina o práctica que é a Biblia. As reunións axudaranche a...
aprender a verdade acerca de Deus.
entender o que significan os acontecementos actuais.
chegar a ser mellor persoa.
atopar os mellores amigos que pode haber.
Sabíalo? Os lugares de reunión das testemuñas de Xehová chámanse Salóns do Reino porque neles se fala moito do Reino de Deus (Mateo 6:9, 10; 24:14; Lucas 4:43).
Por que deberías ir?
O que alí escoites vaiche axudar. Os principios bíblicos que se analizan nas reunións das testemuñas de Xehová vanche axudar a adquirir sabedoría (Proverbios 4:5). Iso significa que a Biblia pode axudarche a tomar boas decisións e tamén a responder as grandes preguntas da vida, como por exemplo:
Estes son os títulos dalgunhas das conferencias que se dan nas reunións do fin de semana:
Por que debemos guiarnos pola Biblia?
Onde podemos atopar axuda cando estamos angustiados?
O que o Reino de Deus está a facer por nós.
“Un compañeiro de clase veu a unha das nosas reunións. Sentou coa miña familia e compartimos con el os nosos libros. Ó acabar, díxome que estaba impresionado polos comentarios que daba a xente durante as intervencións nas que podía participar o auditorio. Tamén me dixo que na súa igrexa non tiñan material de estudo coma temos nós” (Brenda).
Sabíalo? A entrada ó Salón do Reino é gratuíta e non se fan colectas.
A xente que atopes alí animarate. A Biblia di que unha das razóns polas que temos que reunirnos é para animarnos uns ós outros (Hebreos 10:24, 25). Xuntarnos con persoas que poñen a Deus e ós demais por diante dos seus propios intereses é moi animador nun mundo cheo de xente egoísta.
“Despois dun longo día, pode que me sinta triste e cansada, pero as persoas que hai no Salón do Reino sempre me fan sentir mellor. Cando volvo á casa despois dunha reunión, síntome moi feliz e preparada para afrontar un novo día” (Elisa).
Sabíalo? Hai máis de 120.000 congregacións das testemuñas de Xehová en todo o mundo que se reúnen nuns 60.000 locais. Debido ó aumento de asistentes, cada ano constrúense unha media de 1500 Salóns do Reino. a
a Para atopar un lugar de reunións, vai á páxina “As reunións das testemuñas de Xehová” e fai clic en “Atopa o lugar máis próximo”.