Ir ó contido

Que é a guerra de Harmaguedón?

Que é a guerra de Harmaguedón?

O que di a Biblia

 O Harmaguedón é a guerra final entre os gobernos humanos e Deus. Estes gobernos e aqueles que os apoian xa se están opoñendo a Deus agora ó non querer obedecelo (Salmo 2:2). A guerra de Harmaguedón acabará con tódolos gobernos humanos (Daniel 2:44).

 A palabra Harmaguedón só aparece unha vez na Biblia, en Apocalipse 16:16. A profecía di que se reunirá ós reis de toda a terra para “xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén”. Xuntaranse “no lugar que en hebreo se chama Harmaguedón” (Apocalipse 16:14, 16).

 Quen loitará no Harmaguedón? Xesucristo dirixirá un exército celestial para obter a vitoria sobre os inimigos de Deus (Apocalipse 19:11-16, 19-21). Entre estes inimigos estarán os que se opoñen á autoridade de Deus e os que non o tratan con respecto (Ezequiel 39:7).

 Sucederá esta batalla nalgún lugar literal de Oriente Próximo? Non. Esta guerra non estará limitada a un lugar en concreto, senón que abarcará toda a Terra (Xeremías 25:32-34; Ezequiel 39:17-20).

 O termo Harmaguedón (hebreo Har-Meguidón), que tamén se pode traducir como “Armaxedón”, significa “Montaña de Meguido”. Meguido foi unha cidade do antigo Israel. Ó longo da historia tiveron lugar batallas moi importantes cerca desta cidade. Algunhas delas están rexistradas na Biblia (Xuíces 5:19, 20; 2 Reis 9:27; 23:29). Non obstante, o Harmaguedón non pode ser un lugar literal que estea preto da antiga Meguido porque alí non hai ningunha montaña grande. De feito, nin sequera toda a chaira de Iezrael podería conter tódolos exércitos que loitarán contra Deus. Polo tanto, o Harmaguedón é a situación mundial á que chegan as nacións no seu último intento de poñerse en contra do Reino de Deus.

 Que sucederá durante a guerra de Harmaguedón? Aínda que non sabemos como usará Deus o seu poder, a Biblia explica que no pasado usou armas como o pedrazo, terremotos, inundacións, lume, raios e enfermidades. E podería usalos outra vez (Xob 38:22, 23; Ezequiel 38:19, 22; Habacuc 3:10, 11; Zacarías 14:12). Algúns inimigos de Deus estarán tan confundidos que se matarán uns ós outros. Con todo, ó final daranse conta de que é Deus quen está loitando contra eles (Ezequiel 38:21, 23; Zacarías 14:13).

 Será o Harmaguedón a fin do mundo? Non. A guerra de Harmaguedón non pode ser a fin do mundo porque Deus creou o noso planeta para que os humanos vivisen nel para sempre (Salmo 37:29; 96:10; Eclesiastés 1:4). Así que, en realidade, o Harmaguedón non vai destruír a humanidade, senón que a vai salvar. De feito, a Biblia di que unha gran multitude de servos de Deus vai sobrevivir (Salmo 37:34; Apocalipse 7:9, 14).

 Na Biblia, a expresión mundo non sempre se refire á Terra. Ás veces tamén fai referencia ó conxunto de persoas que non obedece a Deus (1 Xoán 2:15-17). E neste sentido o Harmaguedón si que será a “fin do mundo” (Mateo 24:3).

 Cando será o Harmaguedón? Falando da “gran angustia” ou gran tribulación que finalizará coa guerra de Harmaguedón, Xesús dixo: “En canto ó día aquel e á hora, ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; só o Pai” (Mateo 24:21, 36). Pero a Biblia si que revela que o Harmaguedón terá lugar durante a presenza invisible de Xesús, que comezou en 1914 (Mateo 24:37-39, TNM).