Vídeos da Biblia: Ensinanzas básicas
Estes vídeos breves responden preguntas básicas da Biblia como: por que Deus creou a Terra?, en que estado se atopan os mortos? e por que permite Deus o sufrimento?
Foi creado o Universo?
O que di a Biblia sobre a creación a miúdo se interpreta mal ou mesmo se descarta coma se fose un mito. É crible o que di a Biblia sobre a orixe do Universo?
Existe Deus?
Examina as probas que demostran que é lóxico crer en Deus.
Ten Deus un nome?
Deus ten moitos títulos, como Todopoderoso, Creador e Señor. Pero ademais ten un nome propio que aparece na Biblia unhas 7000 veces.
Como podemos ser amigos de Deus?
Por centos de anos, as persoas tiveron a necesidade de coñecer o seu Creador. A Biblia pode axudarnos a ser amigos de Deus. Esta amizade comeza cando coñecemos o seu nome.
Quen é o autor da Biblia?
Se a escribiron homes, por que se lle chama a Palabra de Deus? De quen son as ideas que contén?
Podemos confiar na Biblia?
Se o autor da Biblia é Deus, sen dúbida debería ser un libro único.
Por que Deus creou a Terra?
Vivimos nun planeta fermoso, cheo de beleza. Deus situouno a unha distancia idónea do Sol, coa velocidade de rotación e grao de inclinación xustos. Por que dedicaría Deus tantos esforzos a crear a terra?
Cal é o propósito da vida?
Descubre o segredo para unha vida feliz e con sentido.
Onde encontrar respostas ás grandes preguntas da vida?
Tes preguntas sobre a vida, a morte e o futuro? Podes encontrar boas respostas a estas preguntas e a outras moitas máis. Pero, onde?
En qué estado se atopan os mortos?
A Biblia promete que chegarán un día no que moitas persoas resucitarán, ou volverán á vida, igual ca Lázaro.
É o inferno un lugar de tormento?
A Biblia ensina que “Deus é amor” e xamais torturaría a ninguén polos erros do pasado.
Son Xesucristo e Deus a mesma persoa?
É Xesucristo o Deus Todopoderoso? Ou son dúas persoas distintas?
Por que morreu Xesús?
Poida que escoitases que morreu polos nosos pecados. Pero, pode un único sacrificio beneficiar a millóns de persoas?
Que é o Reino de Deus?
Cando estivo na terra, a principal ensinanza de Xesús foi o Reino de Deus. Durante séculos, os seus seguidores oraron para que o Reino viñese.
O Reino de Deus empezou a gobernar en 1914
Hai uns 2600 anos, un poderoso rei tivo un soño profético inspirado por Deus que se está cumprindo na actualidade.
O mundo cambiou de 1914 en diante
As condicións mundiais e a actitude da xente de 1914 en diante indican que as profecías da Biblia sobre os últimos días se están a cumprir.
Son cousa de Deus os desastres naturais?
Dúas vítimas de desastres naturais explican o que aprenderon na Biblia.
Por que permite Deus o sufrimento?
A Biblia ofrece unha resposta lóxica e esperanzadora.
Acepta Deus tódalas relixións?
Moita xente pensa que non importa a que relixión pertenzamos.
Quere Deus que usemos imaxes para adoralo?
Poden axudarnos a sentirnos máis preto dun Deus ó que non vemos?
Escoita Deus tódalas oracións?
E se unha persoa lle ora por motivos egoístas? Ou se un home maltrata a súa muller, e despois lle vai pedir a Deus a súa bendición?
Que pensa Deus do matrimonio?
Deus quere que teñades un matrimonio feliz. Os bos consellos que dá a Biblia axudaron a moitas parellas.
Que pensa Deus da pornografía?
Aparece na Biblia a palabra “pornografía”? Como podo saber o que pensa Deus?