ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
A violencia contra os políticos. O que di a Biblia
O mundo está sendo devastado por unha onda de violencia contra os políticos.
O número récord de 39 candidatos asasinados, xunto con outras formas de violencia contra os políticos, deixou en segundo plano a campaña electoral de 2023-2024 en México.
Europa sufriu recentemente numerosos incidentes violentos contra os políticos, incluído o intento de asasinato do primeiro ministro eslovaco o 15 de maio de 2024.
O segundo intento de asasinato do expresidente Donald Trump o 15 de setembro de 2024 sacudiu os Estados Unidos.
Por que hai tanta violencia contra os políticos? Acabará algún día? Que di a Biblia?
A división política estaba predita
A Biblia predixo que “nos últimos días”, é dicir no tempo no que vivimos, moitas persoas terían actitudes que fomentan violencia e desacordos.
“Nos últimos días virán tempos críticos e difíciles de soportar. Porque a xente só se amará a si mesma; serán [...] desagradecidos e desleais, [...] non estarán dispostos a chegar a ningún acordo, [...] serán feroces, [...] traizoeiros e teimudos, estarán cheos de orgullo” (2 Timoteo 3:1-4, TNM).
A Biblia predixo que disturbios como, por exemplo, persoas rebelándose contra o goberno e revoltas políticas, serían comúns neste período de tempo (Lucas 21:9, nota). Aínda así, a división e a violencia por causas políticas non durarán para sempre.
O fin da violencia contra os políticos
A Biblia explica que Deus substituirá tódolos gobernos humanos co seu propio goberno que estableceu no ceo.
“O Deus do ceo suscitará un reino que [...] destruirá e acabará con [tódolos demais] reinos, e el subsistirá para sempre” (Daniel 2:44).
O Reino de Deus unirá de verdade as persoas e converterá a Terra nun lugar pacífico.
Ó seu gobernante, Xesucristo, tamén se lle chama “Soberano da Paz”. El asegurarase de que “a paz non [teña] fin” (Isaías 9:5, 6 [9:6, 7, TNM]).
Incluso agora, os que están baixo este Reino aprenden a vivir en paz. Por iso a Biblia di: “Coas espadas forxarán arados; coas lanzas, podadeiras. Non levantará un pobo contra outro a espada, nin aprenderán de novo a face-la guerra” (Isaías 2:3, 4).
Para saber máis, le o artigo “¿Qué cosas logrará el Reino de Dios?” e mira o vídeo Que é o Reino de Deus?