Ir ó contido

Ir ó índice

alashi/DigitalVision Vectors via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Por que hai tanto odio? O que di a Biblia

Por que hai tanto odio? O que di a Biblia

 A gran maioría das noticias falan de discursos e crimes de odio, de actos violentos provocados polos prexuízos raciais e da guerra.

  •   “Debido ó conflito entre Israel e Gaza e ás persoas que promoven o odio e a violencia disparouse o discurso de odio nas redes sociais” (The New York Times, 15 de novembro de 2023).

  •   “Dende o 7 de outubro, no mundo houbo un aumento moi rápido e preocupante de odio e de violencia como resultado dos prexuízos” (Dennis Francis, presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, 3 de novembro de 2023).

 Isto non é nada novo. De feito, a Biblia describe a persoas do pasado que “[disparaban] coma frechas palabras velenosas” e que buscaban a guerra e a violencia (Salmo 64:4 [64:3, TNM]; 120:7; 140:2 [140:1, TNM]). Pero a Biblia explica que o odio que vemos hoxe ten un significado importante.

O noso tempo está marcado polo odio

 A Biblia explica dúas razóns polas que o odio é tan común hoxe.

  1.  1. Predixo un período de tempo no que “desaparecerá o amor da maioría” (Mateo 24:12). En vez de ter amor, a actitude que terían as persoas faría que se odiasen (2 Timoteo 3:1-5, TNM).

  2.  2. O odio tan intenso que hai hoxe no mundo é o resultado da terrible influencia de Satanás o Demo. A Biblia di que “o mundo enteiro está nas mans do Maligno” (1 Xoán 5:19; Apocalipse 12:9, 12).

 Pero a Biblia tamén nos di que Deus pronto eliminará tódalas cousas que provocan o odio e que curará toda a dor. A Biblia promete:

  •   Deus “secaralles toda lágrima dos seus ollos, e a morte xa non existirá, nin haberá máis tristeza nin pranto nin dor. As cousas anteriores desapareceron” (Apocalipse 21:4, TNM).