Que pasou co respecto na familia?
POR QUE É IMPORTANTE RESPECTAR A FAMILIA
O respecto na familia crea un ambiente estable no que tanto o marido, a muller coma os nenos se senten seguros.
-
O libro The Seven Principles for Making Marriage Work di que, cando no matrimonio hai respecto mutuo, ambos se mostran cariño “non só en grandes xestos senón tamén nas pequenas cousas do día a día”. a
-
Os estudos mostran que os nenos que aprenden a respectar a outros teñen máis autoestima, mellor relación cos seus pais e menos problemas psicolóxicos.
QUE PODES FACER TI
Crea un plan coa túa familia. Primeiro, asegurádevos de que todos na familia entendades o que significa mostrar respecto. Segundo, escribide que deberiades facer e que non. Terceiro, analizade o plan para que cada un de vós saiba como actuar para ser respectuoso.
Pon o exemplo. Criticas os membros da túa familia polos seus defectos? Búrlaste das súas opinións? Ignóralos ou interrómpelos cando falan? Recorda que ti debes ser o primeiro en mostrar respecto a outros.
Consello: Intenta ver o respecto como algo que lles debes á túa parella e ós teus fillos, non como algo que eles se teñen que ganar.
Discrepa sen ser desagradable. Cando deas a túa opinión, evita expresións típicas como “ti sempre” ou “ti nunca”. Con estes comentarios estarás atacando o teu familiar e podes converter un simple desacordo nun conflito moito máis grande.
QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ
As Testemuñas de Xehová animamos as familias a tratarse con respecto. Para facelo ás veces falamos sobre isto nos artigos, libros, folletos e vídeos que publicamos, os cales están dispoñibles de maneira gratuíta.
PARA OS MATRIMONIOS: A serie de artigos Ayuda para las familias, que está dispoñible en español, pode axudarvos a...
-
… saber escoitar
-
… acabar co silencio
-
... deixar de discutir
(Busca “Ayuda para las familias” en jw.org en español)
PARA OS PAIS: A serie de artigos Ayuda para las familias, que está dispoñible en español, pode axudarvos a ensinarlles ós vosos fillos a...
-
... ser obedientes
-
... axudar coas tarefas da casa
-
... dicir “por favor” e “grazas”
(Busca “La educación de los hijos” e “Hijos adolescentes” en jw.org en español)
Mira tamén os artigos “Seis leccións que necesitan aprender os nenos” da Despertade! número 2 do 2019, e “12 claves para unha familia feliz” da Despertade! número 2 do 2018, páxinas 8 a 11 (búscaos en jw.org)
PARA OS RAPACES: A sección Xuventude de jw.org ten artigos, vídeos e fichas que poden axudarvos a...
-
... levarvos ben cos vosos pais e cos vosos irmáns
-
... falarlles ós vosos pais con respecto sobre as normas
-
... ganar a confianza dos vosos pais
(Busca “Xuventude” en jw.org)
Usar a páxina web jw.org é gratis. Non é necesario pagar unha tarifa, subscribirse, facerse membro nin dar información persoal.
a Escrito por John M. Gottman e Nan Silver.