Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 01

Como pode axudarche a Biblia?

Como pode axudarche a Biblia?

Case todos temos preguntas sobre a vida, o sufrimento, a morte e o futuro. Tamén nos preocupamos polo día a día, por exemplo, por como imos gañarnos a vida e por como podemos ter unha familia feliz. Moitas persoas decátanse de que a Biblia non só lles axuda a responder as grandes preguntas da vida, senón que tamén lles dá consellos prácticos para o día a día. E ti, pensas que a Biblia pode axudar as persoas?

1. Cales son algunhas das preguntas que responde a Biblia?

A Biblia anímanos a buscar a resposta a preguntas importantes, como por exemplo: Como empezou a vida? Por que sofren os inocentes? Que pasa cando alguén morre? Se todos buscan a paz, por que hai tantas guerras? Que pasará co noso planeta no futuro? Cal é o sentido da vida? Millóns de persoas descubriron que a Biblia responde esas preguntas e que as súas respostas son convincentes.

2. Como pode axudarche a Biblia a desfrutar da vida?

A Biblia dános bos consellos. Por exemplo, ensínanos como ter unha familia realmente feliz, como manexar o estrés e como desfrutar do traballo. Mentres analizamos este manual xuntos, aprenderás o que ensina a Biblia sobre estes temas e outros moitos. Ti mesmo chegarás á conclusión de que “toda a Escritura”, é dicir, todo o que di a Biblia, “é útil” (2 Timoteo 3:16).

Este manual non substitúe a Biblia, máis ben anímate a examinala por ti mesmo. Polo tanto, sería moi bo que leses tódolos textos da Biblia que aparecen nas leccións e que os comparases co que vas aprendendo.

AFONDA MÁIS

Descubre como axudou a Biblia a outras persoas, que podes facer para desfrutar de lela e por que é bo que alguén che axude a entendela.

3. A Biblia pode guiarnos

A Biblia é como unha potente luz que nos ensina a tomar boas decisións e nos axuda a ver o que temos por diante.

Lede Salmo 119:105 e logo comentade estas preguntas:

  • Que pensaba da Biblia o escritor deste salmo?

  • Que pensas ti da Biblia?

4. A Biblia pode responder as nosas preguntas

Unha muller descubriu que a Biblia contestaba as preguntas que se levaba facendo moitos anos. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Que tipo de preguntas tiña a muller do vídeo?

  • Como lle axudou estudar a Biblia?

A Biblia anímanos a facernos preguntas. Lede Mateo 7:7 e logo comentade esta pregunta:

  • Que preguntas tes que podería responder a Biblia?

5. Podes desfrutar lendo a Biblia

Moitas persoas desfrutan lendo a Biblia e sacan proveito de facelo. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Que pensan os mozos do vídeo sobre a lectura?

  • Por que non pensan o mesmo sobre ler a Biblia?

A Biblia di que a súa guía pode darnos consolo e esperanza. Lede Romanos 15:4 e logo comentade esta pregunta:

  • Gustaríache saber máis sobre o consolo e a esperanza que nos promete a Biblia?

6. Outras persoas poden axudarnos a entender a Biblia

Ademais de ler a Biblia pola súa conta, moitos descubriron que tamén lles é útil falar dela con outros. Lede Feitos 8:26-31 e logo comentade esta pregunta:

O etíope precisaba axuda para entender as Escrituras. Hoxe a moitos tamén lles é útil falar da Biblia con outras persoas

HAI QUEN DI: “Estudar a Biblia é unha perda de tempo”.

  • Ti que dirías? Por que?

RESUMO

A Biblia dá consellos para o día a día, responde preguntas importantes, e dálles consolo e esperanza ás persoas.

Repaso

  • Que clase de consellos podemos atopar na Biblia?

  • Cales son algunhas das preguntas que contesta a Biblia?

  • Que che gustaría aprender da Biblia?

Intenta isto

INVESTIGA

Descubre por que os consellos da Biblia son prácticos na actualidade.

“A sabedoría eterna da Biblia” (La Atalaya, núm. 1 2018)

Mira como lle axudou a Biblia a un home que loitou contra os seus sentimentos dende pequeno.

Así empezou a miña vida nova e feliz (2:53)

Analiza os consellos que dá a Biblia para as familias.

“12 claves para unha familia feliz” (Despertade!, núm. 2 2018)

Aprende como aclara a Biblia unha idea errónea moi habitual sobre quen goberna en realidade o mundo.

Por que estudar a Biblia? (versión longa) (3:14)