LECCIÓN 40
Como podemos estar limpos ós ollos de Deus?
Imaxina unha nai preparando o seu neno para a escola. Preocúpase de que vaia ben limpiño, e de que a súa roupa tamén estea limpa e en bo estado. Isto é bo para que o neno se manteña san, e ademais demostra que o quere e se preocupa por el. Do mesmo xeito, o noso pai Xehová quere que sexamos limpos tanto física como moralmente. Ser limpos é bo para nós. Ademais, así honramos a Xehová.
1. Como podemos ser persoas limpas en sentido físico?
Xehová dinos que temos que ser santos (1 Pedro 1:16). Ser santos está relacionado con ser limpos en sentido físico e moral. Podemos ser persoas limpas en sentido físico lavándonos regularmente e mantendo limpas e en bo estado a nosa roupa, a nosa casa e o noso coche. Tamén podemos axudar a limpar o Salón do Reino. Cando somos persoas limpas en sentido físico, dámoslle honra a Xehová (2 Corintios 6:3, 4).
2. Que hábitos temos que evitar para ser limpos?
A Biblia mándanos: “Limpémonos de toda inmundicia de corpo ou de espírito” (2 Corintios 7:1). Por iso, esforzámonos por evitar calquera cousa que poida danar o noso corpo ou a nosa mente. Os nosos pensamentos deben agradarlle a Xehová, así que facemos todo o posible por rechazar os pensamentos indecentes (Salmo 104:34, TNM). Tamén nos esforzamos para que a nosa fala sexa limpa (le Colosenses 3:8).
Que máis pode facer que deixemos de estar limpos en sentido físico ou moral? Algunhas substancias poden contaminar o noso corpo. Por iso evitamos cousas como o tabaco e as drogas. Deste xeito estamos máis sans e demostramos respecto polo agasallo da vida. Tamén nos esforzamos por manternos limpos en sentido moral ó evitar cousas como a masturbación e a pornografía (Salmo 119:37; Efesios 5:5). Poida que sexa difícil superar estes hábitos, pero Xehová pode axudarnos a conseguilo (le Isaías 41:13).
AFONDA MÁIS
Analiza por que honramos a Xehová cando somos persoas limpas e mira como podemos superar hábitos sucios.
3. A limpeza física honra a Xehová
Podemos ver cal é o punto de vista de Xehová sobre a limpeza analizando as leis que lle deu ó pobo de Israel. Lede Éxodo 19:10 e 30:17-19 e logo comentade estas preguntas:
-
Que nos ensinan estes versículos sobre como ve Xehová a limpeza física?
-
Que bos hábitos che axudarán a manterte limpo en sentido físico?
Ser persoas limpas implica tempo e esforzo. Pero podemos conseguilo sen importar onde vivamos nin os cartos que teñamos. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Por que lle damos honra á nosa predicación cando mantemos limpas e en bo estado as nosas pertenzas?
4. Vence os malos hábitos
Se fumas ou consumes drogas, seguramente saberás o difícil que é deixalo. Que che pode axudar? Pensa en como che afecta ese hábito. Lede Mateo 22:37-39 e logo comentade o efecto que teñen o tabaco e as drogas...
-
na amizade que ten unha persoa con Xehová.
-
na familia dunha persoa e nos que están ó seu arredor.
Deseña un plan para vencer un mal hábito. a Poñede o VÍDEO.
Lede Filipenses 4:13 e logo comentade esta pregunta:
-
Como pode o costume de orar, ler a Biblia e ir ás reunións axudarlle a alguén a superar un mal hábito?
5. Loita contra os pensamentos e os hábitos sucios
Lede Colosenses 3:5 e logo comentade estas preguntas:
-
Como sabemos que a pornografía, o sexting e a masturbación son cousas sucias ós ollos de Xehová?
-
Pensas que é razoable que Xehová espere que nos manteñamos limpos en sentido moral? Por que?
Descubre como podes loitar contra pensamentos sucios. Poñede o VÍDEO.
Xesús usou un exemplo para demostrar que temos que actuar con decisión para manternos limpos en sentido moral. Lede Mateo 5:29, 30 e logo comentade esta pregunta:
-
Xesús non estaba dando a entender que tivésemos que facernos dano en sentido físico. Pero si que estaba dicindo que temos que actuar con decisión. Que tipo de medidas pode tomar unha persoa para evitar os pensamentos sucios? b
Se estás loitando para deixar de ter pensamentos sucios, recorda que Xehová valora os teus esforzos. Lede Salmo 103:13, 14 e logo comentade esta pregunta:
-
Se estás loitando contra un hábito sucio, como te anima este texto a non darte por vencido?
Unha recaída non é unha derrota!
Cando un falla, podería ser fácil pensar: “É mellor que abandone”. Pero pensa nisto: só porque un corredor tropece e caia, non significa que a carreira estea perdida nin que teña que volver empezar. Do mesmo xeito, unha recaída non significa que perdeses a loita contra un mal hábito. Tampouco bota por terra todo o progreso que levas feito. As recaídas son normais, forman parte do proceso de recuperación. Non te rendas! Coa axuda de Xehová podes vencer ese hábito sucio.
HAI QUEN DI: “Estou enganchado, non consigo deixalo”.
-
Que texto usarías para demostrarlle que, coa axuda de Xehová, pode deixar calquera mal hábito?
RESUMO
Cando mantemos o noso corpo, a nosa mente e a nosa conduta limpas, agradámoslle a Xehová.
Repaso
-
Por que é tan importante que sexamos limpos?
-
Como podes ser limpo en sentido físico?
-
Como podes manter limpos os teus pensamentos e a túa conduta?
INVESTIGA
Que pequenas cousas podes facer para ser limpo en sentido físico aínda que teñas poucos recursos?
Descubre consellos prácticos que podes seguir para deixar de fumar.
Analiza os efectos da pornografía.
“A pornografía. Inofensiva ou perigosa?” (La Atalaya, 1 agosto 2013)
Fíxate en como superou un home a súa adicción á pornografía.
“Caín moitas veces pero ó final conseguino” (La Atalaya, núm. 4 2016)
a A serie de artigos “Como deixar de fumar” que aparece na sección Investiga desta lección explica os pasos que podes dar para superar unha adicción.
b Podes atopar axuda para vencer o hábito da masturbación no capítulo “Como podo vencer o hábito da masturbación?” do libro Lo que los jóvenes preguntan. Respuestas prácticas, volume 1, capítulo 25.