Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 105

“Deus é amor”

“Deus é amor”

(1 Xoán 4:7, 8)

  1. 1. As Sagradas Escrituras

    din de Deus que é amor.

    Se ó próximo queremos,

    damos gloria ó Señor.

    O amor é o camiño

    que felicidade dá.

    Unha senda que non falla,

    que nos une a Xehová.

  2. 2. Por amor, Xehová ben coida

    dos que sempre son leais.

    Se axuda precisamos,

    nunca sós nos deixará.

    O amor non ten envexa

    nin pelexa con ninguén;

    é paciente, bondadoso,

    moi leal e moi cortés.

  3. 3. O rancor e mailo odio

    causan sempre moita dor.

    Non deixemos que nos venzan,

    imitémo-lo Señor!

    Se de corazón amamos

    a Xehová e os demais,

    bendicións recibiremos,

    viviremos sen final!

(Ver tamén Mc. 12:30, 31; 1 Cor. 12:31–13:8; 1 Xn. 3:23.)