Ir ó contido

Ir ó índice

JW BROADCASTING

Como ver vídeos en Apple TV

Como ver vídeos en Apple TV

Na sección Vídeos podes ver calquera vídeo usando as opcións de reprodución (pausa, retroceder, avanzar e saltar). Podes ver un vídeo ou tódolos vídeos dunha categoría ou dunha colección.

(Nota. É posible que o teu mando a distancia Siri non sexa idéntico ó empregado nas imaxes deste titorial).

 Como atopar e ver un vídeo

Selecciona Vídeos no menú superior da pantalla de inicio para ver as categorías de vídeo dispoñibles.

  • Move o dedo pola superficie Touch do teu mando a distancia para navegar polas categorías. A imaxe da categoría resaltada farase un pouco máis grande cás outras.

  • Preme na superficie Touch para seleccionar a categoría resaltada.

Algúns vídeos poden aparecer en varias categorías. Por exemplo, o vídeo O que din outros mozos. Crer en Deus aparece en Adolescentes e A Biblia.

Selecciona a opción Aleatorio para reproducir tódolos vídeos dunha categoría de xeito continuo e cunha orde aleatoria.

Cada categoría contén varias coleccións. Cada ringleira representa unha colección de programas de vídeo. O nome da colección aparece enriba da ringleira.

  • Move o dedo cara Arriba ou cara Abaixo para ir a outra colección.

  • Move o dedo cara á Esquerda ou cara á Dereita para desprazarte polos programas de vídeo dunha colección.

Hai dous xeitos de ver tódolos vídeos dunha colección:

  • Selecciona a opción Reproducir todo para reproducir tódolos vídeos dunha colección comezando polo primeiro.

  • Preme o botón Aleatorio para reproducir tódolos vídeos dunha colección de xeito aleatorio.

Nota. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

Preme na superficie Touch para seleccionar un programa e mostrar a pantalla cos Detalles do programa de vídeo.

Selecciona unha das seguintes accións:

  • Reproducir. Para reproducir o programa de vídeo dende o principio.

  • Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de vídeo da colección seleccionada comezando polo que aparece en pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

  • Continuar. Para continuar vendo o programa de vídeo onde o deixaches.

A ringleira que aparece debaixo da pantalla cos Detalles do programa de vídeo mostra outros programas da mesma colección. Desprázate cara Abaixo para acceder á colección, e cara Arriba para volver á pantalla cos Detalles do programa de vídeo.

 Como usar as opcións de reprodución

Para controlar a reprodución dun programa de vídeo da sección Vídeos usando o teu mando a distancia Siri, sigue estes pasos:

  • Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución. Para reproducir ou parar, tamén podes premer na área central da superficie Touch.

  • Retroceder. Pausa a reprodución e desprázate co dedo cara á esquerda para retroceder no vídeo. Preme no botón Reproducir/Pausa para continuar a reprodución.

  • Avanzar. Pausa a reprodución e desprázate co dedo cara á dereita para avanzar no vídeo. Preme no botón Reproducir/Pausa para continuar a reprodución.

  • Saltar e avanzar. Para avanzar dez segundos, pon o dedo na parte dereita da superficie Touch.

  • Na parte de abaixo da pantalla, aparecerá unha icona de avanzar na barra de reprodución do vídeo. Para avanzar, preme na superficie Touch.

  • Saltar e retroceder. Para retroceder dez segundos, pon o dedo na parte esquerda da superficie Touch.

  • Na parte de abaixo da pantalla, aparecerá unha icona de retroceder na barra de reprodución do vídeo. Para retroceder, preme na superficie Touch.

  • Menú. Para volver á pantalla cos Detalles do programa de vídeo.

 Como ver os vídeos recentes e os vídeos recomendados

A pantalla de inicio de JW Broadcasting mostra dúas coleccións de Vídeos:

  1. Recomendados: Vídeos de especial interese, como os que están relacionados coas nosas reunións semanais ou coa adoración en familia.

  2. Vídeos máis recentes: Os últimos vídeos engadidos.